ESAD: A tempestade
Autoría: William Shakespeare
Dramaturxia e dirección: Dani Salgado
A tempestade, derradeiro texto completo escrito por W. Shakespeare, é unha desconcertante mestura de relato fantástico, drama musical, comedia romántica e farsa bufonesca. Preséntanos a vinganza de Próspero, duque italiano perdido nunha illa remota, contra as persoas que coausaron a súa desgraza. Para executar os seus plans, afunde o navío dos seus inimigos, dispérsaos pola illa e manipúlaos ao seu antollo. Amparándose en recursos da maxia teatral, Próspero buscará un consolo ao seu sufrimento. "Velaí a última gran pregunta do dramaturgo inglés: que grao de plenitude podemos acadar grazas á arte escénica?".
Con esta montaxe -de carácter pedagóxico non comercial- debuta a compañía teatral de alumnos da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), e de Guimarães 2012-Capital Europea da Cultura.
Axudantía de dirección: Juan Carlos Corredoira e Ana Carreira
Dirección musical: David González
Deseño de iluminación: Montse Piñeiro e Iván R.
Deseño de escenografía: Neme Álvarez e Coti Faro
Construción de escenografía: Ana Duarte e Juan Díaz
Figurinismo: Diego Valeiras
Elenco: Alba Alonso, David González, Lucía Hernández, Muriel Pernas, Adrián Ríos, Cristina Rodríguez, Rubén Rodríguez, Paloma Varela, Chechu Salgado, Rocío Salgado e Toni Salgado
Coordinación docente: Cristina Domínguez, Alejandra Montemayor, David Mortol, Carlos Pinilla, Carmen Romero e Ricardo Solveira
Datas anteriores
2 de decembro
/// 18.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
1 de decembro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)