Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO: AÍNDA

Coreografías: Nacho Duato (Jardí Tancat) e Mercedes Suárez e Amaury Lebrun (Aínda)
Bailaríns: Ástrid Molinero, Julia Méndez, Carmela García, Juan Miguel Hernández, Miguel Ángel Ponte e Ariel Gastón A. Caramés

AÍNDA é un espectáculo do Centro Coreográfico Galego realizado baixo a dirección artística de Mercedes Suárez.
Está composto por dúas pezas: Jardí Tancat, de Nacho Duato; e Aínda, de Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.

O CCG ofrece deste xeito un programa dobre no que combina e fai dialogar a creación actual cun título de referencia no repertorio dancístico a través da representación de Jardí Tancat, a obra coa que Duato iniciou a súa carreira como figura imprescindible da arte coreográfica española e internacional.

JARDÍ TANCAT
Estreada polo Nederlands Dans Theater en 1983, esta coreografía forma parte do repertorio do Ballet de Teatres da Generalitat Valenciana. Reestreada no Teatro Albéniz de Madrid en 1992 no inicio da etapa de Nacho Duato como director da Compañía Nacional de Danza, está debuxada por solos, dúos e momentos corais, que adquiren unha profunda impresión de ligazón á terra. En Jardí Tancat, María del Mar Bonet canta e pon música a centenarios textos populares cataláns, que navegan entre a tristura e a melancolía.

AÍNDA
Esta peza mestura a danza contemporánea coa tradicional galega, co obxectivo de reflectir o potencial da cultura de Galicia. Sendo máis próxima ao estilo contemporáneo, ten porén un marcado carácter galego, xa que se introducen xestos da danza popular de total expresividade. A música está inspirada tamén en melodías tradicionais galegas.
ainda

Datas anteriores

7 de novembro - 9 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)