Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA: Auto da Barca do Inferno

Autoría: Gil Vicente
Dirección: Rui Madeira

"Será que a maledicencia, o orgullo, a usura, a concupiscencia, a banalidade, a petulancia, o fundamentalismo, a envexa, a mesquindade, o falso moralismo cristián... teñen entrada directa no Paraíso? Ou terán que pasar polo Purgatorio? Ou van directamente ao Inferno? De feito, onde queda e como designamos o Lugar onde estamos? E que paraíso buscamos?
Unha revisión da CTB, en demanda da modernidade sobre o texto Vicentino e o pracer do xogo teatral.
Un espectáculo sobre a nosa memoria identitaria" (Rui Madeira)

A Companhia de Teatro de Braga (CTB) leva a escena a alegoría dramática de Gil Vicente Auto da Barca do Inferno. Trátase dunha adaptación moderna e cómica do clásico portugués que retrata a clara oposición entre o Ben e o Mal. Utilizando como metáfora o Xuízo Final, cando un tribunal -co Anxo e o Demo- sentenciará a alma daqueles que deixaron a vida terrea e buscan a pasaxe para o paraíso, Gil Vicente amosa as adiccións das diversas ordes sociais e denuncia a podremia da sociedade portuguesa do século XVI.
Elenco: Alexandre Sá, André Laires, Carlos Feio, Giovana Sgarbi, Jaime Soares, Rogério Boane, Solange Sá
Vestiario: Sílvia Alves
Deseo de luz: Fred Rompante
Escenografía: Rui Madeira
Deseño de son: Pedro Pinto
Fotografia: Manuel Correia, Paulo Nogueira
Deseño gráfico: Carlos Sampaio

barca_inferno

Datas anteriores

2 de novembro - 3 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)