Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival Vía Stellae: Integral das suites para cello de Bach

Recital do cellista francés Jean-Guihen Queyras

Programa
I
Suite para violoncello só núm. 1 en sol maior BWV 1007
Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Menuet I - II -Gigue
Suite para violoncello só núm. 4 en mi bemol maior BWV 1010
Prelude - Allemande - Courante - Sarabande - Bourrée I - II -Gigue

II
Suite para violoncello só núm. 3 en Do maior BWV 1009
Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Bourrée I-II -Gigue
Suite para violoncello só núm. 5 en do menor BWV 1011
Prelude - Allemande - Courante - Sarabande - Gavotte - Gigue

III
Suite para violoncello só núm. 2 en re menor BWV 1008
Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Menuett I - II - Gigue
Suite para violoncello só núm. 6 en Re maior BWV 1012
Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Gavotte I - II - Gigue

As suites para violoncello de Bach
Foi en Cöthen, corte calvinista na que a música relixiosa contaba pouco, onde Johann Sebastian Bach abandonou provisionalmente o órgano para dedicarse á composición de música instrumental de cámara e onde, arredor de 1720, compuxo as súas seis Suites para violoncello. A habilidade no manexo do contrapunto polifónico que amosa a música de Bach, posiblemente non superada por ningún outro compositor da historia, faise tamén patente na súa obra de cámara. Aínda que Bach non foi o primeiro en escribir para violoncello só -os primeiros intentos encóntranse en obras de Domenico Gabrielli (1659-1690) e de Giovanni Battista Degli Antoni (nado cara a 1660)-, é el quen inventa realmente un estilo de seu para este instrumento, que afianzará o desenvolvemento do cello fronte á viola da gamba. Bach mantén unha coidadosa regularidade nos seis movementos que conforman cada suite, cada un coas súas particularidades no ritmo e no carácter. Cada suite consta dun preludio e cinco danzas, cunha sarabanda lenta como centro e como final, presentando sempre unha giga e unha allemande de intelixente diversidade, dúas teñen bourrée como cuarta danza e dúas inclúen minuetos e outras tantas gavotas. Dúas suites están en tonalidades menores e, á parte da Sexta, é posiblemente a Cuarta a que presenta maior dificultade técnica pois esixe incómodas extensións da man esquerda do intérprete. A Quinta amosa unha afinación en scordatura, habitual na época.

Jean-Guihen Queyras, violoncello
Goza dunha envexable reputación como músico de excepcional versatilidade e integridade. Tocou con moitas das máis importantes orquestras do mundo: Philharmonia Orchestra, Orchestre de Paris, Tokyo Symphony, Philadelphia, Tonhälle Zurich, Leipzig Gewandhaus, Budapest Festival, Suisse-Romande e Netherlands Philharmonique; Freiburg Baroque e Akademie für Alte Musik Berlin e debutou no Carnegie Hall de Nova York con Concerto Köln en marzo de 2004. Con directores como Bruggen, Fisher, Herrewege, Belohlavek e Norrington. É membro do Cuarteto Arcanto, con Tabea Zimmerman, Antje Weithaas e Daniel Sepec. Como solista do Ensemble Intercontemporain gravou o concerto de Ligeti dirixido por Pierre Boulez. Tamén gravou a obra de Dutilleux e de Ovules. Toca un cello construído por Gioffredo Cappa en 1696, préstamo de Mécénat Musical Société Générale.
JEAN-GUIHEN QUEYRAS, violoncello

queiras_300x300

Datas anteriores

4 de xullo
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)