Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Proxección da curta e presentación do libro Dúas letras

Dirección da curta: Eloy Varela
Autoría do libro e guión da curta: Fina Caslderrey

Fina Casalderrey e Eloy Varela únense para construír un relato de amor e distancia, cheo de humor e tenrura. A historia transcorre na Galicia das nosas aldeas nos anos 50 e presenta o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo emigrado nas américas. Trátase da crónica dun tempo non tan distante como pensamos. A través do océano, coma andoriñas, as cartas de amor manteñen vivos os soños.

A curta Dúas letras obtivo o Premio do público no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (2011), o Premio á mellor curta no Festival Primavera do Cine de Vigo (Vigo, 2012) e foi unha das triunfadoras no recente Festival de Cans, onde obtivo o Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, o Premio do público á mellor curtametraxe de ficción e o Premio do xurado á mellor interpretación feminina a Teresa Fraga.

O libro Dúas letras recolle o relato íntegro escrito por Fina Casalderrey para a curtametraxe homónima de Eloy Varela. O libro, que inclúe tamén o DVD coa película, foi publicado pola Editorial Galaxia.

A entrada para asistir a esta presentación-proxección é de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde as 18.30 horas. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.
duas_letras

Datas anteriores

26 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)