Faust Fantasia
A partir de Fausto, de Goethe
Dirección: Peter Stein
En 2000, Peter Stein creou un espectáculo épico para a Exposición Universal de Hannover: os Fausto I e II de Goethe, cunha duración de 21 horas e con 35 actores en escena, unha gran produción que lle levou dous anos preparar e contou coa música composta por Arturo Annecchino.
Faust Fantasia evoca ese momento histórico e irrepetible na forma dun recital para declamador e piano, expresamente creado para o propio Stein, a partir de excertos da primeira parte da obra-prima de Goethe.
Un diálogo poético e musical que pon en escena de forma inédita a grandeza e a pequenez do home moderno confrontado coas súas paixóns: o propio Goethe, cuxa modernidade Stein considera incuestionable. Interpretada ao piano polo virtuoso Giovanni Vitaletti,
Faust Fantasia constitúe unha homenaxe de insuperable beleza à identidade poética intrínseca da lingua alemá, que a voz e a presenza en escena de Peter Stein fan inolvidable.
+ información e compra de localidades