COMPANHIA DO FEIJÃO: Mire Veja
Dirección e dramaturxia: Pedro Pires e Zernesto Pessoa
Elenco: Fernanda Haucke, Guto Togniazzolo, Pedro Pires, Vera Lamy e Zernesto Pessoa
Mire Veja é unha adaptación libre da novela
Eles eram muitos cavalos, galardoada cos premios APCA (Associação Paulista de Críticos de Arte) e Machado de Assis (Biblioteca Nacional). Este libro do escritor Luiz Ruffato, xunto con
O Ó da Viagem e
Antigo 1850, completa unha triloxía sobre o home brasileiro e algunhas das súas realidades rexionais e sociais.
O espectáculo presenta un total de 24 historias curtas, fragmentadas e entrelazadas, que falan da vida no corazón da metrópole. Trátase dun mosaico de micro-historias urbanas vividas por brasileiros anónimos no tempo imposible de São Paulo.
Mire Veja estreouse en 2003 na Mostra Oficial do Festival de Teatro de Curitiba e recibeu no mesmo ano os premios APCA (mellor espetáculo) e Shell (Categoría Especial - pola súa concepción e creación).