Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

O CORO DA RA: Non nos importa a fama

Dirección: Ramón Bermejo

O Coro da Ra presenta no Salón Teatro o seu novo repertorio que, unha vez máis, se basea na música popular e vai desde o rock de Frank Zappa ata cancións de Milton Nascimento, pasando por temas de Queen, Bob Marley ou os Beach Boys. Paradoxalmente, este concerto no escenario do Salón Teatro é para eles algo estraño, pois o seu hábitat natural é a rúa.

O Coro da Ra fundouse en 1993 ao abrigo de Escola de Música Estudio, de Santiago, e continúa a ser o seu coro residente. O enfoque inicial foi o de realizar un repertorio que se afastase do que é tradicional neste tipo de formacións, centrándose na música moderna e indo desde o soul, o blues, o jazz, o rock, o pop, ata o repertorio brasileiro e a música étnica. En vivo, a característica que o diferencia doutros coros son as súas intervencións sorpresa que denominan "Concertos Comando". Estes peculiares concertos que fan polas rúas das cidades buscan golpear coa súa música no lugar e momento menos pensado, sorprendendo os transeúntes cada vez que actúan.

Baixo a dirección de Ramón Bermejo, está formado por un número de voces que oscila entre 40 e 65, e conta cun amplo abano de solistas entre os que se contan destacados cantantes do panorama musical galego como Ángeles Lago, Najla Shami, Nastasia Zürcher, María Caramés, Diana Vilas, Rocío Jiménez, Paty Lesta, Faia Díaz, Mon Orencio, Sergio Piñeiro…
Coro da ra

Datas anteriores

17 de xuño
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

16 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)