LOAIRA
O grupo Loaira xorde por mor das inquedanzas que os seus tres compoñentes amosan na busca de sons novos e versátiles, que beban directamente da música tradicional galega e aposten forte pola música de autor. Deste xeito e partindo das raíces, o trío fai unha mestura de ritmos e melodías que van desde o Swing ata a Bossa Nova, pero tamén recalan na música de reelaboración en temas como "Alalá do Vikingo".
Clara Pino (harpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusións) son os integrantes desta formación. Os tres teñen unha gran bagaxe musical, tanto como instrumentistas solistas, como parte de coñecidas agrupacións como son Sete Saias ou Quempallou.
A proposta musical de Loaira está intrinsecamente ligada á literatura, con letras sumamente coidadas, escritas coa colaboración da poetisa Mariña Pérez. Asemade, a cualidade dos seus músicos fixo que este disco se gravase case como un directo ao que se lle engadiron recordings de guitarra e, pese a súa sinxeleza, constitúe un traballo compacto e ben estruturado. Este primeiro disco, titulado xenericamente
Loaira (Sons Galiza, 2011), é a porta de entrada ao mundo da fusión e que nos trasladan a territorios de músicas e ritmos de diferentes latitudes.