Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

UGIA PEDREIRA E FRED MARTINS: Acrobata

Ciclo ST Música Presente


Acrobata (Folque Music, 2011) é o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras un encontro entre Ugia Pedreira e Fred Martins en Rio de Janeiro en 2008.

Anos despois daquela unión nace este disco de autor con composicións orixinais e propias que será lanzado como un exercicio de verticalidade, é dicir, como unha obra que mira hacia dentro e se identifica co sinxelo, o íntimo e o reducido mostrando sen demostrar. Trátase dun traballo que navega entre os dous extremos que delimita a sensibilidade e a forza.

A palabra é o unico vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saúdan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música. Acrobata é, sen lugar a dúbidas, o mellor exemplo pop do achegamento da música popular brasileira coa música popular galega.

Ugia Pedreira é xa unha artista e compositora consolidada no panorama artístico galego. É unha das caras visibles de proxectos musicais xa coñecidos como Nordestin@s, Ecléctica Ensemble ou Marful, entre outros. Fred Martins xa ten publicados catro discos como cantor e compositor. Os seus temas foron gravados por artistas universais do Brasil como Ney Matogrosso, Maria Rita ou Zélia Duncan.
acrobata

Datas anteriores

7 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)