Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Promove: Aula de Teatro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela

Como en anos anteriores, o CDG cederá o seu escenario para a celebración da Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que terá lugar entre o luns 21 e mércores 30, ás 21.00 horas. Organizada pola Aula de Teatro da USC, nesta decimoterceira edición daranse cita os seguintes espectáculos e compañías:

Luns 21
Obras Completas, creación colectiva
TOLEMIA TEATRO
Duración: 50 minutos

Martes 22
Aliza.G, de Jorge Moreno
OS SIGILLATOS GALAICOS
Duración: 70 minutos

Mércores 23
Falúa´s Flying Circus, creación colectiva
TEATRO DA FALÚA
Duración: 70 minutos

Xoves 24
Baixarse ó Moro, adaptación de "Bajarse al moro", de J. L. Alonso de Santos
PINCHACARNEIRO TEATRO
Duración: 75 minutos

Venres 25
(Comisaría) para Mulleres, de Albert Miralles
ARTÍAS TEATRO
Duración: 90 minutos

Sábado 26
Nosa Señora das Nubes, de Arístides Vargas
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Duración: 60 minutos

Domingo 27
Aforro Ordinario, de Inma Antonio
ARTE MAIOR
Duración: 60 minutos

Luns 28
Pim, Pam, Clown, de Tomás Afán
NNC
Duración: 60 minutos

Martes 29
Turandot, de Bertolt Brecht
ENLATA TEATRO
Duración: 100 minutos

Mércores 30
Folie à Trois: Paranoia Compartida, creación colectiva
MEQUETREFES
Duración: 80 minutos

A entrada para asistir a estes espectáculos é gratuíta, previo paso polo despacho de billetes que abrirá ás 19.30 horas.

Máis información na axenda da Área de Cultura da páxina web da Universidade de Santiago de Compostela: http://www.usc.es/cultura/axenda.htm
MITU

Datas anteriores

21 de maio - 30 de maio
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)