O FANTABULOSO CINE AMBULANTE DOS IRMÁNS LUMIEIRA: Sesión Nº 1
Dirección:Víctor Mosqueira
Elenco: Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso
Pasen e vexan, Os Irmáns Lumieira transportan nos seus caixóns tesouros únicos polos que pasan cómicos como Chaplin, Buster Keaton, Harold Lloyd, prestidixitadores como Méliès, Segundo de Chomón... E asombrosos e desconcertantes experimentos filmados por eles mesmos en película cinematográfica de 16 mm.
A compañía de nova creación O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira presenta unha primeira sesión dedicada ao mundo do
slapstick, o xénero cómico por definición da era do cine mudo, con dous dos seus grandes mestres. Harold Lloyd e Buster Keaton conforman, xunto con Charlie Chaplin, o triunvirato dos grandes cómicos do cine mudo americano. Os seus personaxes característicos, decote perdedores inocentes máis perseverantes nun mundo seguido cambiante, adquiriron cotas de brillantez nunca despois alcanzadas.
Esta
Sesión Nº 1 está composta pola presentación e proxección de sketchs e trucos visuais propios dos Irmáns Lumeira e das curtametraxes:
Never Weaken (
Viaxe ao paraíso , 1921, 23 min.) e
One Week (
Unha Semana , 1920, 19 min.). No escenario, estarán os irmáns Lumieira: o irmán grande, Carlos Meixide, encarna a figura parlante destas proxeccións mudas, o narrador, o showman, o mestre de cerimonias. O irmán mediano, Tomás Lijó, é o científico; os proxectores de 16 mm son a súa debilidade, os rodillos, a película, cortar e pegar... E finalmente, o irmán pequeno, Suso Alonso, pianista de formación clásica cunha longa experiencia na vella arte de acompañar proxeccións.