Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RIOBÓ

Ciclo ST Música Presente


Begoña Riobó é, actualmente, unha das violinistas con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística (formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu), preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Deste xeito, cada concerto convértese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con fórmulas interpretativas actuais.

Acompañando a Begoña, en Riobó (Zouma Records, 2011) atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (frautas e requinta).
riobo

Datas anteriores

26 de abril
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)