Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PRODUCIÓNS TEATRÀIS EXCÉNTRICAS: Oeste solitario

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval

Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pé da casa, unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea, ao carón da ría de Leenane.

Nesa casa viven os protagonistas do Oeste Solitario, Valene e Coleman Connor. Tan pronto como regresan do funeral do seu pai, os dous irmáns xa empezan a disputarse a herdanza e converten a casa nun campo de batalla. A historia semella que só pode acabar de dúas maneiras: cun coitelo entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun cartucho do 12.

Nesta especie de "western doméstico" tamén interveñen Girleen, a rapariga da aldea que lles vende o augardente ilegal, e o padre Welsh, patético párroco fracasado, que provocan, sen sabelo, un xiro inesperado na historia.

Oeste solitario é unha obra de Martin McDonagh, autor tamén de Un cranio furado que Excéntricas presentou na tempada pasada, e que mereceu o aplauso do público e cinco premios María Casares. Con Oeste solitario, Martin McDonagh fechou a súa Triloxía de Leenane, a terra do oeste de Irlanda na que pode pasar de todo.
Tradución: Avelino González
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Marcos Correa e María Lado
Escenografía: Marcelino de Santiago "Kukas"
Iluminación: Octavio Mas
Música e deseño de son: Piti Sanz
Obra candidata ao Premio Max 2012 ao Espectáculo Revelación

oeste_solitario_300x300

Datas anteriores

22 de abril
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

20 de abril - 21 de abril
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)