MÓNICA GARCÍA: La velocidad de las cosas
Creación e interpretación: Mónica García
La velocidad de las cosas é un só de danza no que a bailarina e coreógrafa Mónica García utiliza a escena como dispositivo de confesión e, ao mesmo tempo, como un exercicio e resultado dunha auto-enunciación. A danza comeza ao poñer en relación as percepcións internas e externas facéndose consciente ao momento das dinámicas, espazos e intensidades.
Roland Barthes en
Fragmentos de un discurso amoroso fala sobre o lugar que ocupa a sentimentalidade na modernidade, atribuíndolle a "obscenidade do amor" e como o suxeito amoroso ha de asumir esta sentimentalidade e o lugar onde o sitúa. Baseándose no cuestionamento desta sentimentalidade, na súa confrontación co que provoca e o conflito que se xera de aí, a creadora galega traballa sobre unha percepción de ser-no-mundo, sobre a idea de "producir efecto", sobre o "afectar a" e "afectar-se". Para iso, emprega como materiais ao corpo, ao movemento e ao son.