Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

INVERSA TEATRO: Paper Dolls. O silencio das damas

Autoría e dirección: Lola Correa
Elenco: Vanesa Sotelo e Marta Pérez

A través da identificación e a procura de non personaxes atopamos a mentira oculta no cotián e a conciencia escondida, no aprendido e no aprehendido.

Paper Dolls é un conxunto de material visual que, a través dos pasos de dúas mulleres, inventa situacións, exterioriza pensamentos e xoga a desafiar ao tempo pasado recreándoo nun presente ambiguo.

Paper Dolls foxe de espidos corporais e de proxeccións que axuden a establecer a "aquó agora" con ouros mundos. En Paper Dolls o papel é fráxil pero a pel, dura.

Paper Dolls recrea as paisaxes da vida de dúas mulleres calquera para levar ao espectador a reflexionar sobre o que foi e o que é o inabarcable universo feminino.
Iluminación: Antón Ferreiro
Espazo sonoro: Juan Hernández
Escenografía e vestiario: Inversa Teatro
Fotografía: Adrián Figueroa e Carla Piñeiro
Deseño gráfico: María Rodríguez

paper_dolls_300x300

Datas anteriores

17 de febreiro - 18 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)