LICENCIADA SOTELO E COMPAÑÍA.: Usted está aquí
Dirección e creación: Ana Vallés
Interpretación: Natxo Montero e Nuria Sotelo
"Que é o que estou a ollar?
A sombra dunha muller, un pallaso de andar por casa,
figura andróxina, un borrón triste.
Alguén asubía un movemento en francés.
Os artistas do penso vitaminado póñense os tacóns
para unha visita guiada ao matadoiro.
Fan o paseillo e cortan dúas orellas,
a cabeza cae, pé torto, adiante, hop!
No medio da marcha fúnebre un consello publicitario.
Será o mesmo que ve vostede?"
Ana Vallés