Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TALÍA TEATRO: Volpone

Autoría: Ben Jonson
Dirección e dramaturxia: Roberto Salgueiro

Esta divertida comedia retrata satiricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o ridículo que teñan que facer nin o custo que outros teñan que pagar.

O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte co fin de enganar os que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros. Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.

Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de nove actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
Elenco: Artur Trillo, Toño Casais, Dani Trillo, Diego Rey, María Ordóñez, Marta Ríos, David Creus, Gustavo G. Dieste, Rubén Prieto
Escenografía, vestiario e iluminación: Roberto Salgueiro
Son: Dani Trillo
Maquillaxe: Martina Cambeiro
Realización do vestiario: Cloti Vaello

volpone_300x300

Datas anteriores

3 de febreiro - 4 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)