TEATRO GALILEO: Sempre quixen bailar un tango
Autoría: Teresa González Costas
Dirección: Pedro Rubín
Esta é unha traxicomedia que non deixa indiferente a ninguén e reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia.
Manuel nunca bailou un tango coa súa muller xa falecida. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense ao redor del como dúas persoas superficiais e insensíbeis, preparados para o seu despegue social grazas a un suposto ascenso de posto de traballo de Luís. María, observa as escenas de xeito tranquilo e discreto sen facer demasiadas preguntas.
Por medio de catro actores a autora ofrécenos unha viaxe emocional polo medio do humor sobre as cousas valiosas da vida e o transcurso do tempo. Un texto intelixente e uns actores excepcionais que nos farán rir, chorar, emocionarnos...