VOADORA: Tokio3
Estrea
Dirección e dramaturxia: Marta Pazos
Elenco: Jose Díaz, Borja Fernández, Uxía P. Vaello, Marta Pazos, Hugo Torres, Sergio Zearreta
TOKIO3 é un relato épico e intimista sobre o que esperamos da vida. Sobre o que soñamos. Sobre o paraíso. E sobre como encaixa todo isto nunha sociedade onde o inmediato, o constante e o material deixa pouco espazo ao espiritual/emocional. Trátase dunha fábula sobre o paraíso natural que anhelamos e sobre o mundo artificial que nos espera. Un exercicio no que se debuxan as razóns do amor e se perfilan os motivos da esperanza.
Danche Alighieri, o Emperador Justiniano, Beatriz a guía no paraíso, Picarda Donatti, o Arlequín e San Bernardo potagonizan unha historia de amor que transita entre o máis puro realismo máxico e a crúa realidade da vida.
TOKIO3 é a conclusión da triloxía
Lugares Comúns. Este proxecto refírese aos espazos, reais e imaxinarios, que compartimos e como estes puntos de encontro inflúen na busca de identidade do individuo contemporáneo. A triloxía explora tres eixes temáticos diferentes (o fracaso, a memoria e o paraíso), relacionándoo coa perspectiva temporal (presente-pasado-futuro), e compartindo un mesmo proceso de creación baseado no diálogo intercultural entre un grupo de actores e un equipo artístico cunha mesma liña conceptual e estética.