Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO DO NOROESTE: Piratas

Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos

Un trebón papouse ao bergantín "Princesa dos Mares", un dos máis temidos barcos piratas de todos os océanos. Algúns membros da súa perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata "Raíña da Escuma". O terrible pirata Patachula dirixe unha tripulación composta polo grumete Mingallas, natural da illa da Tartaruga, o esforzado Ollovirollo, co seu parche no ollo e o seu papagaio Velasvir, e sobre todo a muller pirata Cachaza. Todos eles encherán de aventuras os mares do Sur, realizando conquistas, como a famosa illa da Flor Nacente, e conseguindo descubrir onde está agochado o tesouro do pirata Bocanegra, que cando abría a boca, a súa campaíña soaba a morto.
Autoría: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Elenco:Alejandro Carro, Laura Míguez, Fernando González, Victoria Pérez



piratas_300x300

Datas anteriores

30 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)