AULA DE TEATRO DA USC: O cabaleiro de Olmedo
Estrea
Adaptación literaria, tradución e dirección: Roberto Salgueiro
Francisco Antonio de Monteser (c. 1620-1668) edita nun volume conxunto a obra
Comedia burlesca del caballero de Olmedo en 1651, peza que parodia a de Lope de Vega,
El Caballero de Olmedo, publicada dez anos antes, en 1641. Lope de Vega escribe a súa traxicomedia inspirado nun breve cantar, moi coñecido, que facía referencia con probabilidade a un asasinato acontecido en 1521, e que di: "Esta noche le mataron / al Caballero / la gala de Medina / la flor de Olmedo". Monteser parodia os arquetipos e situacións que se presentan no texto de Lope, escribindo unha obra dunha sorprendente modernidade e que aínda segue a ser un grande descoñecido nos escenarios.
A entrada é de balde, previo paso polo despacho de entradas, que estará aberto desde as 19.00 horas. Poden retirarse dúas entradas por persoa.