Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Os Sigillatos Galaicos: Feeling Good

Autoría: Paula F. Franco e Blanca Tejero
Dirección: Daniel Baamonde

Unha historia de amor na que se mestura o crime, a prostitución, a Lei Seca, o jazz, a crise económica, a paixón... Unha historia na que as personaxes se esforzan por seguir cantando I"m Feeling Good nun Chicago sempre nocturno e sedutor.

Feeling Good é unha reflexión sobre os temas comúns do día a día e de cómo o contexto económico e social inflúe na vida das persoas se non determinando, si condicionando en maior ou menor medida as súas posibilidades e as súas decisións. A montaxe afonda tamén nos comportamentos humanos provocados pola explosión dos sentidos e dos pensamentos derivados da desinhibición que experimenta o individuo a través da música, do sexo..., facendo partícipe o público e convidándoo a levar esa reflexión á súa propia experiencia. Esa amarga ironía coa que se canta "I’m feeling good", é a esencia da obra, e en moitos casos tamén das nosas vidas.

A entrada é de balde, previo paso polo despacho de entradas, que estará aberto desde as 18.30 horas. Poden retirarse dúas entradas por persoa.
Ficha artística:

Elenco:
Blanca Tejero: Femme Fatale
Tomás Ledo: Pai
Mikel Díaz: Detective
Almudena Bouzón: Cabareteira
Juan Carballo: Dono
Roberto Casas: Xornalista

Músicos:
Diego Alonso: saxofón
Mon Búa: guitarra e voz
Lilí dos Toxos: voz
Mario Arranz: contrabaixo

Axudante de dirección: Mónica Castro
Produción: Mikel Díaz e Blanca Tejero
Vestiario: Almudena Bouzón e Montserrat Nogueira
Maquillaxe: Andrea Méndez
Deseño gráfico: Andrea Méndez e Mónica Castro

feeling_good_300x300

Datas anteriores

19 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)