ST MÚSICA PRESENTE: Vaamonde, Lamas & Romero
O trío máis retranqueiro da música galega pechará esta terceira entrega de "ST Música Presente" cun concerto no que presentará a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.
Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ofrecerán a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.