Centro Andaluz de Teatro: La noche de Max Estella
En colaboración co CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
Dramaturxia e dirección: Francisco Ortuño Millán
Elenco: Carlos Álvarez-Nóvoa
La noche de Max Estrella nace a partir de
Luces de Bohemia, de Valle-Inclán. A dramaturxia transita por aquelas escenas da obra nas que aparece o protagonista. Max Estrella, hiperbólico andaluz, poeta cego, "conmuere" nun Madrid absurdo, brillante e famento de principios de mil novecentos. A súa mala estrela deambula errante na súa última deriva nocturna.
A percepción poética de Max é o impulso estético desta proposta teatral. Max vive apresado na súa cegueira, nas súas alucinacións sonoras e as súas iluminacións na sombra. Un mundo escénico, de pel dentro, espello do "quejío" vital de Max.