Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ST MÚSICA PRESENTE: Fon Román


Fon Román protagoniza o terceiro dos recitais enmarcados no ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado.

Pasaron tres anos desde Silencio cómodo en un jardín descuidado , o seu debut en solitario co que deixaba atrás a súa etapa como guitarrista de Piratas. Tres anos nos que Fon non parou de investigar ata chegar a Entretelas, o seu segundo álbum, resultado da súa prolongadada experiencia como músico, compositor, produtor e adaptador. Entretelas é en si, un concepto global de música e estética. Trátase dunha obra que vai máis alá do estritamente músical, con cancións creadas a partir de retallos, de pezas soltas, de versos rescatados. Un traballo de pop elegante e intimista cuxas letras e melodías sintetizan a evolución do pop español.

Promovido pola Agadic, en colaboración con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), o ciclo "ST Música Presente" botou a andar en 2010 co obxectivo de ofrecer ás discográficas galegas unha nova canle de promoción e difusión dos seus artistas desde unha perspectiva esencialmente comercial, xa que os principais destinatarios destes directos son programadores, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e demais axentes culturais de dentro e fóra de Galicia.
fon_roman_300x300

Datas anteriores

24 de novembro
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)