Claves Líricas: Teo Cardalda
Claves líricas
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) trae ao Salón Teatro o concerto
Claves Líricas no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música aos poemas de Valle-Inclán, en homenaxe ao 75 aniversario do seu pasamento.
Claves Líricas é un adianto musical da obra teatral que Cardalda prepara sobre a figura de Valle, xunto á directora escénica británica Tamzin Townsend, o dramaturgo Ignacio Garcia May e o actor Luis Zahera. O espectáculo, que leva por nome
Los siete pecados de Valle-Inclán, estrearase en febreiro de 2012 en Galicia e despois poderá verse noutros puntos de España e do mundo.
Entrada gratuíta, previo pase polo despacho de billetes