CICLO GALICIA IMPORTA: Adam Cohen
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle o concerto de Adam Cohen no marco do Ciclo Galicia Importa. O cantante e compositor, fillo de Leonard Cohen, preséntase por primeira vez en España nunha xira con só tres paradas: Madrid, Barcelona e Santiago.
Neste concerto, que comezará ás 21,00 horas e que abrirá o violonchelista Mai Bloomfield, Adam Cohen presentará o seu novo disco, que leva por título
Like a man e que lanzou o pasado 3 de outubro.
Estas actuacións de Cohen en España forman parte dun conxunto de espectáculos de ton intimista, con aforamentos reducidos e contacto directo co público.
Enmarcado na celebración en 2011 do Ano da Música, Galicia Importa ofrece unha programación regular con grupos ou artistas que nunca visitaron Galicia ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merezan ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.