ST MÚSICA PRESENTE: The Blows
The Blows presentan o seu próximo disco "Ejército de Fantasmas", o seu segundo elepé xa rematado.
Na procura dun son máis escuro e persoal, a banda investigou perto de dous anos todo tipo de sonoridades, mutando constantemente ata atopar o camiño axeitado en forma de cancións.
Baixo o nome de "Ejército de Fantasmas" preséntase agora o novo álbum dos vigueses, título emprestado do famoso ensaio sobre a muller de Clarissa Pinkola, e que tamén da nome o seu primeiro single e o correspondente videoclip.
Entre as novidades máis destacables desta nova etapa da banda, as letras son todas en castelán e hai unha maior variedade de rexistros nas músicas sen perder nunca a forza tan característica de todas as composicións do grupo.