EME2: O florido pénsil
Autoría: Andrés Sopeña
Dirección: Fernando Bernués e Mireia Gabilondo
O florido pénsil conta as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A través dos seus protagonistas descóbrese un fresco no que se suceden as tribunas desde as que o franquismo aleccionaba á poboación: en primeiro lugar, a escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista; máis tarde, o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. Pola obra pasan heroes das películas, mestres casposos, mozos máis ou menos espabilados, Roberto Alcázar, o NO-DO, o Tebeo, os curas, Matías Prats ou Matilde Conesa.
O texto foi adaptado por Sandra Romarís para a súa posta en escena en galego, acomodándoo tamén ás especificidades da época en Galicia.