Uxía
A celebración do Ano da Música de Galicia esténdese a Madrid a través dun ciclo especial de cinco concertos de artistas e grupos galegos dentro da programación do festival Veranos de la Villa. Uxía, Cristina Pato & Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma e Mercedes Peón actúan entre o 30 de xuño e o 21 de xullo no novo auditorio do Espacio Conde Duque, onde se presentan baixo o lema "Música de Galicia en Madrid" e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.
Uxía presenta en Madrid o seu novo disco, "Meu canto".
Máis información