Exposición "No niño novo do vento"
Horario:
De martes a sábados, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.
Domingos, de 11.00 a 14.00 horas.
Acceso gratuíto.
Promoven:
Xunta de Galicia, Fundación Penzol e Editorial Galaxia.
Comisarios:
María García Liñeira e Víctor F. Freixanes.
A Casa da Parra de Santiago de Compostela acolle a exposición itinerante
No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011, coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras.
No niño novo do vento estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo
cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía. Editouse así mesmo, como material complementario, un catálogo sobre os contidos da exposición.