Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Centro Coreográfico Galego: 3DTres

Coreógrafías: Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun
Dirección: Mercedes Suárez

Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun compoñen o trío de coreógrafos de cada una das partes de 3Dtres, tituladas respectivamente Honey moon, Dulce memoria e Magnificat. Diferentes músicas, temas, vestiarios e postas en escena presentan cada una destas coreografías, que teñen como denominador común a técnica empregada polas cinco parellas de intérpretes -un estilo contemporáneo sobre unha sólida base de danza clásica- e o traballo integrador de Mercedes Suárez como directora.

-1DTres: HONEY MOON
Coreografía: Tony Fabre
Música: Jean Poinsignon e Steve Reich Ensemble

Poema en movemento que une a nosa parte masculina máis ancestral coa sofisticación máis feminina do mundo contemporáneo. Un canto aos ciclos de renovación da natureza na que se constrúe con humor unha representación da evolución do mundo.

-2DTres: DULCE MEMORIA
Coreografía: Ángel Rodríguez
Música: Martín Codax e Tomás Luis de Victoria

Con música medieval e renacentista e o apoio das imaxes proxectadas, é un canto á beleza e ás lembranzas que atesoura a nosa memoria, representadas a través de dúas, tríos e cuartetos en continua evolución.

-3DTres: MAGNIFICAT
Coreografía: Amaury Lebrun
Música: Johann Sebastian Bach

Un mundo de contrastes no ámbito da historia da danza, coa utilización do tutú romántico en contraposición aos movementos máis contemporáneos.

EQUIPO ARTÍSTICO

Corpo de baile
Irene Rubio
Àstrid Molinero
Lucía Antonella Sampieri
Fátima Fernández
Elena Chamorro

Carlos Ugarriza
Ariel Gastón A. Caramés
Juan Miguel Hernández
Miguel Ángel Ponte
Pablo Aradillas

Axudante de dirección
Yolanda González

Deseño de luces
Santi Mañasco

Deseño de vestiario
Nuria Barrio, Santos Salgado e María Villas

Montaxe audiovisual
Pixel Films

Produción
Jesús R. Arias, Pilar Peña

Profesoras de danza
Belén Vázquez e Beatriz Ponlla

Distribución
María Barcia

Luces
R.T.A.

Son
Hugo Peñamaría

Deseño gráfico
Empatía Comunicación

Fotografía
Begoña Bah e Manuel Lemos

Xastras
Milagros Reimúndez e Cristina Cordido
Ligazóns relacionadas:
3DTres

Datas anteriores

11 de xuño
/// 20.30

Teatro Colón. A Coruña