Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Amancio Prada

Camelias para Cunqueiro

Música: Amancio Prada

"Un día de 1976, asinando exemplares dos meus dous primeiros discos, Vida e Morte e Rosalía de Castro, nunha tenda de Vigo, apareceu o meu amigo Carlos Casares en compañía de Álvaro Cunqueiro. Presentounos e estivemos a charlar un anaco. Díxome entón Cunqueiro que me ía mandar un artigo que escribira e publicado sobre as miñas cancións de Rosalía... A verdade é que nunca cheguei a ver aquel artigo; pero faime ilusión pensar que existe, ou que existiu na súa imaxinación, aínda que quede coas ganas de lelo. Foi a primeira vez que vin a Cunqueiro. A segunda e a última sería anos máis tarde, no outono do 80: dera un recital en Vigo e, paseando pola cidade, descubrín nunha libraría o primeiro tomo recén editado da súa obra en galego completa: Poesía e Teatro. Compreino e, coa desculpa de que mo asinase, chameino; quedamos en vernos pola tarde na súa casa. Acompañoume Víctor Freixanes. Ofreceunos un café cunha copa de augardente de herbas. Un sol apoucado douraba as mazás estendidas nun canto da sala. Falamos de Lord Dunsany, dos primeiros trobadores e de novas as cantigas do libro que me estaba a dedicar... Cando lle comentei o meu propósito de poñerlles música alegróuselle a cara. Ao despedirnos, trataba de imaxinarme o Cunqueiro mozo que escribira "Dona do corpo delgado". O mesmo que agora estará a vivir algún dos seus marabillosos mundos soñados, xunto a Merlín e familia, con Bernal de Bonaval e con Mendiño, roldando á princesita aquela da garganta de cristal, que se poñía colorada ao beber ribeiro tinto, sob os abelaneiros frolidos...
Vaian estas cantigas como camelias para quen fixo que coa súa obra Galicia viva mil primaveras máis". (Amancio Prada)

Programa para o concerto:

A dama que ía no branco cabalo
O cabaleiro da pruma na gorra
No sono do cuco novo
No bico do galo a i-alba
Quechemarín da verde bandeira
Díxenlle à rula: pase, miña señora!
Na nao do mar laranxa
Hai unha illa loubada
Outono cedo de gaitas
O rio levaba os ollos
A dorna vai e ven
Por oír a unha rula decir de amor
Amor de auga lixeira
Intérpretes:

HILARY FIELDING: violonchelo
JOSETE ORDÓÑEZ: guitarra e mandola
AMANCIO PRADA: voz e guitarra

amancio_prada_300x300

Datas anteriores

10 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)