Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ZERO NO ZERO TEATRO: Medea llama por cobrar

Extensión en Compostela do FITEI 2011

Autoría e dirección: Peky Andino
Elenco: María Beatriz Vergara

O autor Peky Andino sérvese da traxedia grega para recrear a historia da migración no Ecuador nos peores anos do éxodo. A Medea ecuatoriana, a semellanza da Medea de Eurípides, é unha feiticeira (unha santa ecuatoriana) namorada do príncipe Jasón (Ecuador) que desesperada por rescatar o seu amado da tristura na que se acha somerxido polo abandono dos seus fillos (os emigrantes) emprende unha longa viaxe para buscalos e levalos de volta co seu pai, rematando a súa peregrinación en Nova York, o destino preferido dos ecuatorianos.
medea_300x300

Datas anteriores

1 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)