Mundo Lois
Coprodución de NORDESÍA, FILMANOVA e KACHET
Dirección: Lino Braxe
Mundo Lois é un espectáculo escénico ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe que pretende universalizar a través da imaxe a obra de Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Co fío condutor da súa propia escrita, na voz do actor Lino Braxe, a actriz Antela Cid e unha ambiciosa escenografía audiovisual que se apoia nunha intensa e constante banda sonora interpretada por Alexandro González,
Mundo Lois pretende subministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística.
Lois Pereiro deixou un legado poético cunha linguaxe moi concreta, á vez moi visual, un universo de imaxes a través dos seus versos, a súa maneira de se enfrontar a medios, ilusións, ideas e paisaxes vitais que foi pouco e pouco percorrendo ata o momento da súa morte.