CARLOS BLANCO: Ordem e progresso
Autoría e dirección: Carlos Blanco
O monologuista Carlos Blanco, a través deste espectáculo que coproduce xunto a Abada Teatro, propón aos espectadores unha viaxe ata Brasil. Con el sobre o escenario, os músicos do Sergio Tannus Trío contribuirán a esta ollada cara ao novo mundo.