COMPAÑÍA AINTERNACIONAL: Hamlet
Estrea
Dirección: Jorge Rey
Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de William Shakespeare.
Interpretada por Alfredo Padilla, na montaxe o único limite e marco fixo é o propio texto do autor, onde o actor investiga e explora as posibilidades desestruturando a orde orixinal da fábula; así, a obra comeza polo final no momento en que Hamlet lle pide ao seu amigo Horatio que conte a súa historia. O actor que interpreta a Horatio convértese en Hamlet e representa a súa historia.
Trátase dunha proposta escénica e de investigación permanente, un work in progress sobre o texto, a historia e as súas posibilidades.