Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO OFICINA: Rua Gagarin

Autoría: Gregory Burke
Dirección: Marcos Barbosa

Rua Gagarin, do dramaturgo escocés Gregory Burke, é a máis recente produción da compañía Teatro Oficina de Guimarães. Esta comedia negra sobre un grupo de operarios que secuestran o seu xefe serve de pretexto para abordar o problema da crise xeral, económica, ideolóxica e de valores, así como a desesperación dun cotián que non funciona.

A peza ten como escenario unha fábrica obsoleta e por fío condutor a historia dun rapto que transcorre terriblemente, como non pode deixar de ser, cando o desespero é máis forte que a somnolencia impositiva do cotián. A medida en que avanza a noite, cada un dos raptores vai formulando solucións para resolver o caso.

A pesar da crueza do texto e da realidade que se conta, a peza tenta construír unha poesía, que nos dea un pouco de esperanza e sabedoría.

Gregory Burke naceu en Dumferline (Escocia) en 1968. Tras a universidade, realizou unha serie de pezas dentro da "economía de salario mínimo". En 1998, sen coñecer ninguén no medio teatral, enviou ao Traverse Theatre de Edimburgo a obra Gagarin Way que baixo a dirección de John Tiffany en 2001, convertiríase nun dos maiores éxitos do Festival de Edimburgo. Seguiulle The Straits , tamén dirixida por John Tiffany e baseada na mocidade do autor en Xibraltar durante a guerra das Malvinas. En 2006, obtivo un novo triunfo en Edimburgo con Black Watch , escrita para o National Theatre of Scotland, e dirixida unha vez máis por John Tiffany, que foi representada no Reino Unido, Os Ánxeles e Nova York.

Outras pezas súas, traducidas ao francés, italiano, ruso, alemán e español, son Chain Play, Debt, Liar, On Tour, The Party, Occy Eyes, Unsecured e Shellshocked .
Tradución: João Rosas
Escenografía: F. Ribeiro
Vestiario: Susana Abreu
Deseño da iluminación: Ricardo Santos
Música: Samuel Úria
Elenco: André Teixeira, António Jorge, Emílio Gomes e Tiago Correia

rua_gagarin

Datas anteriores

26 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)