Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

FUND. IGUAL ARTE: Axóuxere de cores


Con este espectáculo, a Fundación Igual Arte fai un percorrido de 50 minutos de duración polos diferentes sentimentos que unha persoa pode experimentar, desde a ledicia á paixón, ao amor ou á rabia, pasando primeiro pola tristura e pola esperanza. As palabras fican nun segundo plano e son a cor, a música, o movemento e a imaxe os que expresan.

Igual Arte é unha fundación artística que traballa conpersoas con necesidades educativas especiais no campo da educación musical, expresión corporal e artes plásticas. Esta Fundación nace coa necesidade de crear un espazo activo e integrador destinado a fomentar a creatividade coa plena convicción de que todos temos dereito a interiorización, transformación e representación de sentimentos, pensamentos e sensacións, promovendo así unha arte viva e plural.
Autoría: Fundación Igual Arte
Dirección musical: Marcos Estévez Vila
Dirección coreográfica: Carmela Bueno e Sandra Beiras
Bailaríns: Andrea Alonso, Carmela Bueno, Helena Cuber e Pedro Pomar

axouxere

Datas anteriores

19 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)