Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TRIGO LIMPO TEATRO ACERT: A caixa preta

Autoría: José Eduardo Agualusa e Mia Couto
Dramaturxia e dirección: Pompeu José

Trigo Limpo Teatro Acert presenta esta peza escrita expresamente para a compañía por dous dos maiores escritores da lingua portuguesa, Mia Couto e José Eduardo Agualusa, a partir do conto Eles não são como nós, do libro Fronteiras Perdidas, de Agualusa.

A historia comeza coa vella Luciña desenvolvendo as tarefas da casa: mentres agarda pola súa neta Vitoria, cociña unha sopa cunha radio como única compañía. Durante a espera, os sons da guerra fóra e as formigas no interior do libro de poesía que anda a ler aumentan un nerviosismo que só se calma coa chegada da rapaza.

Cando a normalidade é restablecida (Vitoria xa durme e Luciña reinicia a súa lectura poética), un asaltante enmascarado de Lobo Malo e armado cun coitelo invade a casa entrando na habitación da moza. Vén famento. A muller aproveita esa fraqueza para sacalo do cuarto e levalo á cociña, onde comezan a conversar. En tanto, a neta esperta e, tras espantarse co aspecto do visitante, acha a situación divertida e comeza a desenterrar memorias do diario da súa nai: como o seu pai desapareceu na guerra e a súa nai deixouna coa súa avoa materna durante a lactación.

A medida que as forzas da orde se aproximan desde o exterior, descóbrese -dunha forma case policial- a verdade sobre cada personaxe. E o Lobo, que asaltou non só a casa, senón tamén a vida daquelas mulleres, quita por fin a máscara.

Sobre o escenario, as tres actrices Ilda Teixeira, Raquel Costa e Sandra Santos levan o enredo á escena. Un enredo que pretende reflectir sobre a necesidade (ou non) do esquecemento, así como sobre as moitas máscaras que cada un de nós utiliza.
Escenografía: Zétavares
Vestiario: Colectivo
Deseño da iluminación e sonoplastia: Luís Viegas
Elenco: Ilda Teixeira, Raquel Costa e Sandra Santos

caixa_preta

Datas anteriores

13 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

12 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)