Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

HISTRIÓN TEATRO: Del maravilloso mundo de los animales: los corderos

Dramaturxia e dirección: Daniel Veronese

Daniel Veronese, un dos referentes da escena contemporánea internacional, e a compañía Histrión Teatro, unen os seus talentos creativos para levaren á escena un dos primeiros textos do actor, autor e director arxentino.

Gómez aparece atado e vendado na casa de Berta, a quen non ve desde hai vinte anos. Descoñece as razóns pero tanto ela como o seu veciño Fermín, tras conversaren con el de certos temas delicados do pasado, rexeitan darlle as explicacións que pide. Nun momento violento da conversa aparece Tono, amigo íntimo de Gómez no pasado e recentemente separado de Berta, coa cal ten unha filla. A presenza da filla na casa precipita un final inesperado para todos.

A familia, os amigos, o barrio ou a figura do bo veciño semellan rodeados dun halo escuro de violencia... a vida segue para todos.
Escenografía: Álvaro Gómez Candela
Deseño da iluminación: Juan Felipe Agustín
Elenco: Gema Matarranz, Paco Inestrosa, Enrique Torres, Manuel Salas e Elena de Cara

los_corderos

Datas anteriores

9 de febreiro - 10 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)