Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ABRAPALABRA: Memoria das memorias dun neno labrego

Monólogo escénico-narrativo

Adaptación, dirección e cómico-narrador: Cándido Pazó

En 1961 publicouse en Bos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: o 50 aniversario da primeira edición das Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

As Memorias deixaron en centos de miles de persoas un farturento pouso emotivo. A memoria dunha sociedade que nestes últimos 50 anos foi deixando de ser eminentemente rural para iniciar unha longa travesía cara a un universo urbano, nunha viaxe chea de interseccións e mestizaxes que explican a nosa moderna identidade. Un universo de antigos nenos labregos. Ou fillos, netos, bisnetos, tataranetos de nenos labregos. Habitantes das leiras de asfalto, ou das aldeas da memoria, que por moito que se laven sempre terán a alma lixada de terra.

Para conmemorar este acontecemento, Abrapalabra Creacións Escénicas presenta un espectáculo emotivo e divertido no que se combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral coa súa longa e recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista cómico. Estilizado como unha proposta escénica e directo como unha sesión de narración oral.

O espectáculo goza dun grande atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Ademais, cada momento e cada situación teñen a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
Música orixinal: Manuel Riveiro
Deseño do espazo escénico e do vestiario: Carlos Alonso
Deseño da iluminación: Afonso Castro
Videocreación: Nano Besada Caneda e Rubén Vidal Prol "Zé"

memoria_labrego

Datas anteriores

1 de febreiro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

31 de xaneiro
/// 12.15

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

31 de xaneiro
/// 10.15

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

30 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

28 de xaneiro - 29 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)