Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO DO ATLÁNTICO: Memoria de Helena e María

Autoría: Roberto Salgueiro
Dramaturxia e dirección: Xúlio Lago

Coa posta en escena deste texto de Roberto Salgueiro galardoado co Premio Abrente de Teatro en 2006, a compañía galega Teatro do Atlántico celebra o vixésimo quinto aniversario da súa creación.

Con dirección de Xúlio Lago, Lucía Regueiro e María Barcala compoñen o tándem interpretativo desta tráxica historia dunha familia rememorada desde o presente por unha muller (María), que lembra as vivencias coa súa nai (Helena) desde que esta quedara viúva na Guerra Civil.

Nos meses previos á Guerra Civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. A chegada da guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que vai traer dramáticas consecuencias. Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características da tal herdanza e as consecuencias da súa conservación.

Polo medio, hospicio, convento, máis Guerra Civil, emigración, fariña de millo, memoria sensitiva, memoria histórica, lembranzas marabillosas, vinganzas, amores, soños, casa de bonecas, dozura... libros.
Asistente de dirección: Pilar Martínez "Pilocha"
Escenografía: Rodrigo Roel
Vestiario: Susa Porto
Deseño da iluminación: Xúlio Lago
Música: Fran Pérez "Narf"
Elenco: Lucía Regueiro e María Barcala

memoria_helena_maria

Datas anteriores

23 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

20 de xaneiro - 22 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)