Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ST MÚSICA PRESENTE: Abe Rábade Trío


O pianista Abe Rábade, en formato a trío coa súa sección rítmica habitual —o lisboeta Bruno Pedroso á batería e o contrabaixista de Gasteiz Pablo Martín— abre unha nova entrega do ciclo de música ST Música Presente.

Con este concerto presentará en directo Zigurat, o seu sétimo disco como líder e o cuarto en formato trío. Esteticamente, o álbum prima o melódico; un lirismo íntimo en ocasións e esgazado noutras. Así e todo, non falta a aposta por métricas complexas e harmonías sofisticadas que fan de Zigurat unha obra plenamente axustada á contemporaneiade do jazz. Ao mesmo tempo, os temas conseguen ser vehículos de expresión para tres solistas que manexan un triángulo tímbrico con mimo, rico en texturas, dun amplísimo rango dinámico e, sobre todo, cargado de emoción.

Todos os temas foron compostos por Abe Rábade excepto o tema de peche "Chanson nº 6", composición de Federico Mompou. Zigurat foi editado pola discográfica madrileña con distribución internacional Karonte.
abe_rabade_trio

Datas anteriores

18 de xaneiro
/// 21.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)