Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Víctor Prieto Trío

Entrada gratuíta con convite


Acordeonista e compositor, Víctor Prieto está revolucionando o xeito en que se toca o acordeón, creando novos sons e técnicas para este instrumento. A súa música abarca diferentes tendencias, que veñen do Jazz, Tango, Música Clásica e Raíces Celtas enriquecidas con novos rítmos e diferentes cores.

Orixes

Victor nace en Ourense en 1975. Aos 9 anos, inducido pola súa nai, iniciase na aprendizaxe do Acordeón no Conservatorio de Música de Ourense, estudios que compaxinou co seu primeiro achegamento ao mundo do jazz na Escola Estudio de Santiago de Compostela. En 1998 recibiu unha beca da Escola de Jazz Berklee College of Music para cursar estudos de Jazz Performance baixo a supervisión da pianista Joanne Brackeen, sendo na actualidade o único acordeonista que rematou esta especialidade no Berklee College of Music.

Victor Prieto ten tocado e gravado con Yo-Yo Ma, (Songs of Joy and Peace. Sony BMG Masterwoks. Álbum gañador dos Grammys 2010) Jeff Ballard, Chris Cheek, Paquito D’Rivera, Donny McCaslin, Lionel Louke, Matt Willson, Emilio Solla entre outros.

Nova técnica para acordeón

Trala obtención do título en Berklee, traslada a súa residencia a Nova York, para traballar como profesor de acordeón jazz no prestixioso Brooklyn Conservatory. Compaxina esta ocupación coas Master Classes que imparte en USA, España, Italia e Portugal, pois é o creador dunha nova técnica para acordeón, chamada "aproximación de acorde en ambas as dúas mans", coa que consegue crear harmonías non interpretadas anteriormente. Tamén continúa cunha intensa actividade como intérprete -desde o 2008 inclúe tamén a gaita nas súas actuacións- e compositor.

Prieto, que está a revolucionar a interpretación no eido do acordeón, actuou no Berklee Perfromance Arts Center (Boston); no Blue Note, no Williamsburg Jazz Festival e no Jazz at Lincoln Center, de Nova York; no New Jersey Performing Arts Centre (New Jersey), no Three Rivers Musical Festival (Columbia), no Mary D 'Angelo Performing Arts Center (Erie, PA) e no Festival Internacional de JazzImaxinasons cidade de Vigo, entre outros.

Posúe numerosos premios, entre os que cómpre salientar o 1º Premio Citta de Castelfidardo (Italia, 2001), o Premio Artista Creativo concedido pola Asociación Española de Intérpretes e Executantes (2001), e o 1º Premio en Composición outorgado pola Revista arxentina CMZK's (2002).

Víctor Prieto Trío

Actualmente, Victor Prieto vén de gravar o se terceiro traballo discográfico, Chris Cheek and V. Prieto. Rollo-Coaster, (Cheekus Music) e vive en Nova York liderando o seu trío, entre outras formacións musicais. O grupo está formado por Víctor Prieto (acordeón), Jorge Roeder (baixo) e Eric Doob (batería). Nesta formación Víctor Prieto invítanos a viaxar polo seu mundo baseado fundamentalmente en temas orixinais. Como todo artista, nas súas composicións reflicte a realidade musical dos seus arredores e ademais ten a capacidade de integrarse comodamente noutros temas de distinto estilo ao do propio compositor. O seu son fresco e enerxético transmite ao oínte sensacións sen límite.
victor_prieto

Datas anteriores

4 de outubro
/// 21.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)