Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil de Nadal: Oh, que bonito é Panamá!

Mostra de Teatro Infantil de Nadal

Compañía: Panamesiana Teatro
Dirección: Petra Hofmann

Oh, que bonito é Panamá! resulta da adaptación ao galego do conto do ilustrador e narrador alemán Janosch, unha peza teatral popularizada na maior parte de Europa pero practicamente descoñecida en Galicia e en España.

A obra conta a viaxe que Oso Pequeno e Tigre Pequeno emprenden ata Panamá seducidos polo aroma a plátanos dunha caixa que leva inscrito o nome dese país. Polo camiño atópanse cun León de peregrinación a Compostela, con que fan amizade e intercambian experiencias. A inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das cousas pequenas son os protagonistas absolutos deste xogo de teatro, monicreques, música e clown.
Autoría: Janosch / Panamesiana Teatro
Adaptación: Petra Hofmann / Panamesiana Teatro
Escenografía: Panamesiana Teatro
Vestiario: Petra Hofmann
Elenco: Mónica García, Petra Hofmann e Tomás Lijó

Panama

Datas anteriores

30 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)