Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil de Nadal: Trogloditas

Mostra de Teatro Infantil de Nadal

Compañía: Tanxarina Títeres
Dirección: Evaristo Calvo e Tanxarina Títeres

Neste espectáculo, ambientado na prehistoria, tres trogloditas convidan aos asistentes a coñeceren, a través do humor e dos monicreques, o xeito de vida dos homes e mulleres das cavernas. A través da linguaxe corporal e sons primitivos, os actores interactúan cos espectadores, nun contexto dinámico e, xerando situacións cómicas.
Escenografía: Pablo Giráldez O Pastor
Vestiario: Carlos Alonso
Iluminación, música e son: Tanxarina Títeres
Elenco: Miguel Borines, Eduardo Tantán e Andrés Giráldez

Trogloditas

Datas anteriores

28 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)