Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ELEFANTE ELEGANTE: In

Teatro - danza

Autoría e dirección: María Torres
Dramaturxia e espazo escénico: Gonçalo Guerreiro

In significa "dentro" en inglés e "estar in" quere dicir estar na moda. In xorde da ambivalencia entre o ser e o parecer. O de dentro como a nosa identidade e o de fóra, o aspecto que podemos manipular, disfrazar e cambiar. O confronto do interior coa aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos?

A compañía de teatro galelo-portuguesa Elefante Elegante presenta un novo espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporánea da figura social. Igual que as súas anteriores creacións, In nace da fusión do teatro físico coa danza, o vídeo e as artes plásticas.

A acción desenvólvese arredor da celebración dunha voda. A actitude afectada e hipócrita dos noivos e convidados esgótase rapidamente para dar lugar a comportamentos de envexa, celos e luxuria cun pseudoideal de beleza como pano de fondo.

A estrutura dramatúrxica do espectáculo foi creada a partir de dous elementos fundamentais: por un lado, a peza dramática de Bertolt Brecht A voda dos pequenos burgueses e, por outro, os contos populares Cincenta, Brancaneves e O rei sapo, dos irmáns Grimm, e Os zapatos vermellos e A vendedora dos fósforos, de Hans Christian Andersen.
Deseño de luces: Octavio Mas
Vídeo-creación: Masako Hattori
Vestiario e atrezzo: María Chenut
Son: Germán Gundín
Elenco/bailaríns: Ángela Blanco, Gonçalo Guerreiro, Alfredo Muiño, Nuria Sotelo e María Torres

In

Datas anteriores

1 de outubro - 2 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)