LAGARTA LAGARTA: Cásting (a comedia)
Autoría: Roger Justafré
Dirección: Rosa Álvarez
"Unha obra sobre as probas, probas, probas, uf, uf, ...
Probas para topar traballo, para ser o que non somos, para amar ou para facer o amor, para competir...
En definitiva, sobre as túas probas, espectador/a, esas polas que xa pasaches ou as que aínda che queden por pasar." (Rosa Álvarez. Directora do espectáculo).
Baseada na obra homónima do realizador de televisión, director e autor teatral Roger Justafré,
Cásting (a comedia) é a nova aposta da compañía compostelá Lagarta Lagarta. A peza está protagonizada polos actores María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González e Alberto Rolán, baixo a dirección de Rosa Álvarez.